Regras bádminton

Comezamos unha nova unidade. Nesta entrada disporás de material para reforzar o traballo diario. Non olvides entregar a tarefa final. A por todas!


O bádminton un deporte de raqueta e volante. Consiste en golpear o volante coa raqueta e envialo polo bordo da rede á outra zona do campo, tratando de co adversario non o golpee e envíe de novo.

Onde xurdíu o BÁDMINTON?

A orixe deste deporte sitúase 2.000 anos atrás na zona do lonxano Oriente, en concreto na China, onde se practicaba un xogo primitivo e moi sinxelo denominado "battledore".
Con todo, a maioría dos expertos sinalan co bádminton comezou a xogarse en Inglaterra, na cidade de Badminton House baixo a denominación de "poona", traído dende a India por oficiais ingleses a finais do século XIX.
Foi na Olimpiada de Barcelona 92 onde se considerou por primeira vez como deporte olímpico.

Regras básicas do BÁDMINTON?

Terreo de xogo.

- A pista ten forma rectangular.
- Está dividida por unha rede no centro.
- As medidas varían segundo se xoga individual ou dobres (as liñas interiores e exteriores son diferentes para o saque e o xogo).

O servicio.

- Comeza cada punto.
- Debe facerse dende abaixo (golpear por debaixo da cintura).
- O volante debe ir diagonalmente á zona de saque contraria.
- Non se pode pisar a liña durante o saque.As faltas.

Cinco cosas debes saber para entender el bádminton. Mira con atención o seguinte vídeo!



Técnicas do BÁDMINTON?

A presa da raqueta. 

 É moi importante coller ben a raqueta. Temos principalmente 2 tipos de presa.

- A presa universal.
- A presa de revés.

Posición de base. 

 Situarse no centro da pista, un pouco detrás da liña de servizo. Permite chegar máis rápido a calquera punto do campo.

Colocación e desplazamento.

- Usar pasos curtos e rápidos.
- Manter sempre equilibrio e postura baixa
- Ir ao lugar onde cae o volante e regresar á posición de base.

Os saques.

- Saque curto: cae preto da rede; útil en xogos en individual.
- Saque longo: chega ao fondo do campo rival; máis habitual en dobres.

Os golpeos básicos.

- Clear: golpe alto e longo cara ao fondo.
- Drop: golpe suave para que caia preto da rede.
- Drive: golpe rápido e horizontal.
- Lob ou lift: golpe de defensa alto que sobe moito.
- Smash: golpe forte e descendente, para rematar o punto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Despois das Miniolimpiadas

ESPECIAL curso 23-24