A radio escolar como ferramenta educativa
Comeza unha nova aventura no noso cole: poñer en marcha a nosa propia radio escolar! Un espazo no que as ideas, as aprendizaxes, a creatividade e as voces de toda a comunidade educativa terán o seu lugar. A través deste espazo de traballo colaborativo, os mestres e mestras deseñaremos entre todos o noso proxecto de radio: que queremos contar, que seccións imos crear, que formatos utilizaremos, como participará o alumnado e como nos organizaremos para facer realidade esta iniciativa. Queremos conectar a radio coa biblioteca, o plan lector, a ciencia, a Liga dos Superheroes e os diferentes proxectos que se desenvolven nas aulas, facendo da radio unha ferramenta para compartir e dar visibilidade a todo o que aprendemos. A misión está clara: sumar ideas, unir esforzos e darlle voz ao noso cole. Adiante! Presentación do proxecto. 💢 Equipo 1 Equipo 2 Equipo 3 Equipo 4