Minibalonmán
oscarmen9 |
HISTORIA DO MINIBALONMÁN
O minibalonmán, tamén coñecido como minihandball, é unha
adaptación do balonmán tradicional deseñada para xogadores máis novos e para
espazos reducidos.
OBXECTIVO
O obxectivo do minibalonmán é marcar máis goles que o equipo
adversario ao lanzar a pelota ao gol do equipo contrario.
TERREO DE
XOGO
O xogo realízase nunha cancha máis pequena en comparación co
balonmán convencional, adaptándose así ás habilidades e necesidades dos
xogadores máis novos.
Cada encontro xógase sobre unha superficie duns 20x13 metros,
ademáis de ser reducidas outras distancias da área.
A portería debe rebaixarse ata 1,60 metros en caso de benxamín
ou a 1,80 metros se é alevín.
Desde a liña de meta ata a área hai 5 metros e o punto de
penalti achásese a 6 metros.
O minibalonmán xógase entre dous equipos de 5 xogadores cada
un sendo un deles o porteiro, que debe ser substituído en cada período.
DESENVOLVEMENTO DUN PARTIDO
O partido divídese en dúas partes , que á súa vez se
subdividen en 2 períodos de 10 minutos de xogo , con 2 minutos de descanso
entre eles e 6 minutos entre parte e parte.
INICIO DO XOGO.
Iníciase no centro da cancha, cun saque de ÁRBITRO. Lánzase o
balón entre dous xogadores, ao aire a media altura (en cada período saltará un
xogador diferente).
REGULAMENTO BÁSICO
· Os xogadores non poden tocar a pelota coas pernas ou os pés, e deben respectar as normas básicas do xogo limpo. Ademais, o contacto físico está limitado para garantir a seguridade dos participantes.
Golpe franco
As faltas cometidas polos defensores entre a área de portería e a liña de “golpe franco” lanzase desde fóra da liña descontinua e os xogadores atacantes non podedes no momento do saque estar dentro da zona.
Permítese.
- Dar tres pasos sen botar.
- O porteiro pode sacar o saque de invasión de área desde calquera punto de a propia área sen esperar que o árbitro o indique.
- No saque de banda (débese pisar con un pé a liña) pódese lanzar a gol. Se non se pisa a liña é golpe franco.
- Quitar a pelota só con a man aberta e sen tocar ao oponente.
Incorrecións.
- Está prohibido penetrar nas áreas de portería ou saír destas co balón cando somos porteiros. Penalízase con penalti. Tampouco se lle pode pasar a o noso porteiro estando dentro da área.
- Non se pode coller, empuxar, golpear ou zancadillear a un xogador (podemos ser excluídos 2 minutos).
- Non se pode correr con o balón máis de tres pasos sen botalo, lanzalo ou pasalo.
- Non se pode golpear voluntariamente o balón cos pés nin botar con as dúas mans xa que esta incorrección é “dobres” e golpe franco en contra.
- Non se pode realizar defensas mixtas (será individual)
- Non poden conservar a posesión do balón durante un tempo excesivo.
FINAIS DE XOGO
Comentarios
Publicar un comentario