Ciencias
No proxecto "A volta ao mundo con Willy Fog" traballaremos como verdadeiros científicos, seguindo os paso do método científico: plantexaremos hipótesis, experimentaremos ideas, analizaremos datos e sacaremos conclusións que nos axudarán a entender como funciona o mundo.
A través desta viaxe científica aprenderemos a observar, investigar e comprender mellor o planeta no que vivimos, relacionando os contidos das dúas áreas e desenvolvendo unha visión global da Terra.
O proxecto contará ademais cun apartado de reforzo para a área de Ciencias no que realizaremos actividades específicas, de tal forma que repasaremos os contidos traballados e consolidaremos os aprendizaxes, permitindo que todo o alumnado avance ao seu ritmo.
Comentarios
Publicar un comentario