"A volta ao mundo"
Este curso en Educación Física iniciamos unha nova viaxe arredor do mundo. O proxecto “A Volta ao Mundo” nace como continuación do traballo cooperativo do ano pasado, pero esta vez amplíase e conéctase non só coas áreas de Ciencias, senón tamén de Linguas, Matemáticas ou Plástica.
A través do movemento e o xogo, o noso alumnado explorará diferentes culturas, países e costumes, coñecendo tamén o corpo, o medio e o respecto polo entorno. Cada parada do noso percorrido será unha oportunidade para aprender algo novo: xogos tradicionais doutros países, fenómenos naturais, costumes e curiosidades culturais.
Unha das novidades deste ano é a incorporación dos roles cooperativos (capitán, coidador, navegante, cronista...), que axudan a fortalecer o traballo en equipo e a responsabilidade compartida. Ademais, contamos con novas propostas de gamificación, como o reto dos sete cumios, que nos permitirá conectar o esforzo físico coa superación persoal e colectiva.
Con esta viaxe queremos que os nenos e nenas aprendan que o mundo é diverso, rico e cheo de oportunidades para moverse, descubrir e convivir. 🌍💪
#EducaciónFísica #VoltaAoMundo #AprendizaxeActiva #Cooperación #Gamificación #Ciencias
Comentarios
Publicar un comentario