Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

Xogos populares e tradicionais

Imagen
“XOGOS NO PATIO”. Coa idea de fomentar os  recreos dinámicos  xurdiu a idea de pintar o patio do colexio con gráficos propios de xogos populares e tradicionais. A actividade desenvolveuse en varias etapas. Táboa 1. Fases actividade "Pintar o patio exterior". Os dous últimos pasos no se realizaron. Non todos os mestres puideron finalizar o traballo. Con todo, os nenos/as practicaron algún dos xogos que si se pintaron. Imaxe 1. Fichas de recopilación de xogos por niveis . O vindeiro curso, esperamos comezar, o igual que estes anos, realizando unha xornada de xogos, pero nesta ocasión xa estarán pintados no chan do patio.  Imaxe 2. Patio exterior do CEIP Cerdeiriñas. Confiamos ca actividade resulte o máis entretida posible para os nosos alumnos e alumnas.

DAFIS

Imagen
"POR MÁIS E MELLOR CONDICIÓN FÍSICA". Galicia Saudable, no marco do “Plan Proxecta” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando 5 programas educativos (Xogade, Máis e Mellor Actividade Física, Proxecto Deportivo de Centro, Móvete+ e DAFIS ) entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable. Por primeira vez o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, decide engrosar a larga lista de centros que se incorporan ó proxecto e, faino a través da plataforma DAFI S (Datos sobre a Valoración da Condición Física) . Gráfico 1. Fases do proxecto. OBXECTIVOS DAFIS é unha ferramenta que permite valorar a condición física do alumnado e coñecer o seu estado físico , para desta maneira, determinar os aspectos que precisan ser mellorados e cales non. Táboa 1. Datos identificativos. EXECUCIÓN O protocolo inclúe a realización das seguintes probas: •   Composición c...