DAFIS



"POR MÁIS E MELLOR CONDICIÓN FÍSICA".

Galicia Saudable, no marco do “Plan Proxecta” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando 5 programas educativos (Xogade, Máis e Mellor Actividade Física, Proxecto Deportivo de Centro, Móvete+ e DAFIS) entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable.

Por primeira vez o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, decide engrosar a larga lista de centros que se incorporan ó proxecto e, faino a través da plataforma DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física).


Gráfico 1. Fases do proxecto.


OBXECTIVOS

DAFIS é unha ferramenta que permite valorar a condición física do alumnado e coñecer o seu estado físico, para desta maneira, determinar os aspectos que precisan ser mellorados e cales non.


Táboa 1. Datos identificativos.


EXECUCIÓN

O protocolo inclúe a realización das seguintes probas:

  Composición corporal.
  Prensión manual.
  Back-Saver Sit and Reach.
  Salto longitud pies juntos.
  Suspensión codos flexionados.
  Resistencia cardiovascular (Course Navette).
  4 x 10 m.

Para levalo a cabo a fundación Deporte Galego, cede un caixón DAFIS, con todo o preciso para realizar as medicións. 


Imaxe 1. Momento da execución das probas.

RESULTADOS

O software ofrece unha variedade importante de estadísticas e datos.  A continuación, incluímos os informes centro que recollen un análise comparativo co resto de colexios da comunidade autónoma.
Táboa 2. Informe global de centro_1.
Táboa 3. Informe global de centro_2


Entre os datos obtidos, interésanos especialmente o relativo á composición corporal, basada no IMC (Índice de Masa Corporal) e o ICC (Índice de perímetros de cintura e cadeira). Os resultados aportan información sobre a relación entre estos índices e a saúde a nivel cardiovascular.

No noso centro, observamos que un 23% do noso alumnado presenta índices de obesidade e un 15% de sobrepeso, valores similares os do inicio de curso e que se convertiron nunha das razóns polas que se puxo en marcha este proxecto e se procedeu a solicitude do programa DAFIS, que esperemos teña continuidade no vindeiro curso e se complemente con algunha outra das actividades do PROXECTA.

Se falamos dos niveis, é nos dous últimos cursos onde os IMC son máis elevados, chegando a valores próximos o 45% do total dos alumnos/as da clase.

CONCLUSIÓNS

Con todo, os resultados obtidos non distan moito do esperado pois, a pesar dos esforzos levados a cabo, o noso traballo  no fixo máis que comezar.


  • Os nenos/as de hoxe en día son menos activos e estes valores disminúen coa idade, feito constatable no contexto no que nos atopamos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

ESPECIAL curso 23-24

Despois das Miniolimpiadas

Plan estratéxico para patios de recreo