"A volta ao mundo"
Este curso en Educación Física iniciamos unha nova viaxe arredor do mundo. O proxecto “A Volta ao Mundo” nace como continuación do traballo cooperativo do ano pasado, pero esta vez amplíase e conéctase non só coas áreas de Ciencias, senón tamén de Linguas, Matemáticas ou Plástica. A través do movemento e o xogo, o noso alumnado explorará diferentes culturas, países e costumes, coñecendo tamén o corpo, o medio e o respecto polo entorno. Cada parada do noso percorrido será unha oportunidade para aprender algo novo: xogos tradicionais doutros países, fenómenos naturais, costumes e curiosidades culturais. Unha das novidades deste ano é a incorporación dos roles cooperativos (capitán, coidador, navegante, cronista...), que axudan a fortalecer o traballo en equipo e a responsabilidade compartida. Ademais, contamos con novas propostas de gamificación , como o reto dos sete cumios , que nos permitirá conectar o esforzo físico coa superación persoal e colectiva. Con esta viaxe quer...