Oriéntate
O último día antes das vacacións de Semana Santa convertémolo nunha auténtica aventura de orientación, chea de xogos, pistas e traballo en equipo. Foi unha actividade especial, na que participou o alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria.
A actividade estivo dividida en en catro partes:
- "O misterioso tesouro". A primeira parada foi un scape room na aula, onde os grupos tiveron que resolver enigmas e abrir caixas misteriosas para seguir avanzando. Cada solución abría unha nova porta, e a emoción non paraba de medrar.
- "Búsqueda científica". Despois, tocou unha sopa de letras xigante, chea de palabras escondidas relacionadas coa natureza e a orientación. Aquí, a atención ao detalle foi clave para atopar todos os termos agochados e conseguir o kit do explorador/a, fundamental para continuar coa aventura.
- "A gran expedición". A terceira parte foi unha procura de pistas por diferentes espazos do centro. Cada pista atopada levábaos un paso máis preto do obxectivo final, sempre en equipo e con moita ilusión.
- "Destino final". E para rematar, saímos ao exterior nunha pequena andaina, na que puideron aplicar os coñecementos adquiridos sobre orientación e desfrutar da contorna natural. No punto final escondíase o desexado tesouro, que atoparon logo de descirar o derradeiro dos enigmas.
Todo comezou cun vídeo moi especial que serviu como introdución á aventura e puxo en marcha a imaxinación de todos. Podes velo aquí mesmo para revivir o inicio desta experiencia tan emocionante:
Comentarios
Publicar un comentario