"POR MÁIS E MELLOR CONDICIÓN FÍSICA". Galicia Saudable, no marco do “Plan Proxecta” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando 5 programas educativos (Xogade, Máis e Mellor Actividade Física, Proxecto Deportivo de Centro, Móvete+ e DAFIS ) entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable. Por primeira vez o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, decide engrosar a larga lista de centros que se incorporan ó proxecto e, faino a través da plataforma DAFI S (Datos sobre a Valoración da Condición Física) . Gráfico 1. Fases do proxecto. OBXECTIVOS DAFIS é unha ferramenta que permite valorar a condición física do alumnado e coñecer o seu estado físico , para desta maneira, determinar os aspectos que precisan ser mellorados e cales non. Táboa 1. Datos identificativos. EXECUCIÓN O protocolo inclúe a realización das seguintes probas: • Composición c...